Tal como fomos anunciando, achégase a data da nosa viaxe a Tarragona e Valencia. Aínda que faremos outras cousas interesantes nestas cidades -como visitar a Tarragona e Valencia actuais, a Cidade das Artes de das Ciencias- centrarémonos na romanización, estudando a antiga Tarraco, o Saguntum romano e participando nos
Ludi Saguntini... que para iso somos de cultura clásica!!
Estamos desexando participar nos
talleres dos Ludi e na representación do Miles Gloriosus e xa temos os nosos peplos, quitóns, túnicas, togas... preparados. Como estamos encantados
co traballo e facilidades que nos deu a
Domus Baebia Saguntina, organizadora deste gran evento, queremos entregarlle unha tessera hospitalis como mostra de afecto, inspirándonos no modo de facer pactos de amistade os pobos romanizados da Gallaecia. Gonzalo Fernández, o profe de Plástica, axudounos copiando a famosa Tessera Hospitales do Courel, que está no museo de Lugo, e nos adaptamos o texto latino. Velaí tedes o orixinal (fotografía de
Álvaro P. Vilariño), para poder apreciar mellor o magnífico traballo de Gonzalo.
E si queredes máis detalles da nosa viaxe, podes consultar a nosa guía. VALETE!!